Queremos presentar a nosa “carta de novas”, unha newsletter que din agora, do grupo de Educación de Arquitectura sen Fronteiras de Galicia.
Devagar foi o nome que escollemos.
Está pensada para compartir con vós unha escolma das lecturas que nos interesan en torno ao dereito ao hábitat, para ir lendo con lentitude, sen présa. Ao carón da cociña de leña, no parque baixo as primeiras raiolas de abril, deitadas ao solpor nun areal agochado, sentindo orballar baixo unha manta en outubro.
Con calma.
Con tempo a reflexionar.
Devagar sairá cando a situación o requira, é dicir, cando teñamos unha morea de ligazóns seleccionadas que xuntamos cal formiguiñas.
Comezamos
Concienciar sobre el cambio climático sin generar ecoansiedad: "No podemos caer en el pesimismo"
Iniciativas como “Madres por el Clima” buscan concienciar con novas tecnoloxías buscando escenarios diferentes.
Andrea Voinescu en RTVE
Tempo de lectura aproximado: 6 minutos
.
¿Quién le daba clase a los asesinos de Samuel?
Reflexión dunha docente de secundaria sobre a educación e sensibilización nas aulas fronte as violencias contra as mulleres e o colectivo LGTBIQ+.
Raquel Silva León en Pícara
Tempo de lectura aproximado: 9 minutos
.
Cañada Real: La voz de la mujer en el asentamiento ilegal más grande de Europa
Unha mirada ao sector 5 da Cañada, o asentamento madrileño que vive sen electricidade desde hai xa meses.
Alexia Columba Jerez en Frontera Digital
Tempo de lectura aproximado: 15 minutos
.
¿Por qué no quieren que te sientes?
Cada vez encontramos menos bancos onde sentarnos, unha sinal do proceso de privatización do espazo público que estamos a sufrir.
José A. Cano en ethic
Tempo de lectura aproximado: 5 minutos
As residencias de maiores na área urbana da Coruña
Investigación sobre as residencias de maiores na área urbana da Coruña desenvolvido por Ergosfera, sobre as consecuencias para a vida e para as posibilidades de integración no medio das persoas usuarias que se derivan da situación, as condicións urbanas e a forma arquitectónica das residencias de maiores. Inclúe varias cartografías ademais dos datos e información relacionada.
.
Unidades didácticas 1 e 2 do programa Participar para Coidar
Proposta de educación para a participación que toma como eixo central formar e sensibilizar sobre o Dereito ao Hábitat, desde un enfoque ecofeminista, ecosocial e de Dereitos Humanos elaborado por Arquitectura sen Fronteiras coa ilustradora Lucía Escrigas.
.
Como hacer inclusiva tu escuela
O colectvio de "Estudiantes por la Inclusión" co acompañamento do profesorado da Universidad de Málaga elabora unha guía para La aventura de aprender sobre o modo en que funcionan as súas escolas e propostas para facelas máis inclusivas, sempre partindo das súas propias voces e demandas, escasamente atendidas polas institucións.
Aplicación web do Concello de Ferrol que recolle contidos xerados arredor do territorio para coidalos e compartilos.
.
Aplicación desenvolvida por Arquitectura sen Fronteiras coa que xerar cartografías de modo colaborativo sobre calquera temática que resulte de interese.
Agra do Orzán, A Coruña. Orixe e evolución do barrio
Historia dun dos barrios con maior densidade poboacional de Europa e unha carencia manifesta de espazos libres e equipamentos.
Colectivo 1Aun
Tempo de visionado: 16 minutos
.
Episodio da serie de documentais “Escala Humana” de RTVE dedicado a algunhas das arquitectas pioneras da arquitectura española
Tempo de visionado: 18 minutos
.
Seminario Hábitat a Escala Humana
Gravacións das sesións 1 e sesión 2 da VII edición do Seminario HaEH titulado Transformar a necesidade en desexo: mobilizar para a transición ecosocial na educación.
Tempo de visionado: 2:05h + 1:37h
Podcast Habitando
O falangullo de Arquitectura sen Fronteiras Galicia.
Episodio 36. A exposición 20 anos do ProxectoTERRA
Episodio 37. Participación e cidade con Ergosfera
Episodio 38. Enredando artes e a educación
Ata a próxima!