Chega ao voso buzón a nosa carta de novas de primavera.
Agromada coa enerxía do 8 de marzo.
Publicada no día da Terra.
Non é casualidade.
Ecofeminismo, urbanismo con perspectiva de xénero, cidades inclusivas, interseccionalidade, educación e infancia, diversidade.
Poñendo a vida no centro.
É necesario.
📚 📺 La vida en el centro y el crudo bajo tierra. El Yasuní en clave feminista
Libro en pdf (100 páginas) que recolle a mirada ecofeminista do Colectivo Miradas críticas del Territorio desde el Feminismo sobre a realidade ecuatoriana.
Bonus: Vídeo da ponencia sobre o estudo no ciclo de conferencias Reparto de recurso y alternativas para otros desarrollos organizado polo CICODE da Universidad de Granada.
María Benítez Hernández e Delmy Tania Cruz Hernández
Tempo de lectura aproximado: 40 minutos
Mesa redonda sobre diferentes experiencias de urbanismo con perspectiva de xénero e de diversidades organizada por CooperAcció e o Col·lectiu Punt 6
Extensión: vídeo de 90 minutos
📚 Mutaciones en el espacio público
Publicación para reflexionar sobre a relación entre arte e cidadanía: unha aposta por reconfigurar as relacións materiais e sensibles do noso presente, pero sobre todo un convite para recuperar a alegría por seguir construíndo en común.
Extensión: libro de 164 páxinas
📖 Evolución de la cohesión social y consecuencias de la covid-19 en España
Primera radiografía social completa da crise provocada pola pandemia: empeoramento das condicións de traballo, aumento da desigualdade, estratexias familiares, sociais e políticas públicas fronte á COVID-19.
Extensión: libro de 41 páxinas
Monólogo autobiográfico que nos conecta coa historia universal das violencias machistas e a construción de estereotipos que xeran a desigualdade que permite exercer a violencia sobre outras persoas, en todos os seus niveis.
Pamela Palenciano
Extensión: vídeo de 84 minutos
📺 Encontro e Lançamento da Rede EPA - Educação pela Arquitetura" (Portugal)
Catro exemplos de proxectos educativos e profesionais de referencia para o fomento da arquitectura desde a infancia.
Fermín Blanco, Santiago Atrio Cerezo, Sabela Girón e Jorge Raedó
Extensión: vídeo de 156 minutos
📚 El niño, la ciudad y el artista
Fundación Arquia publicou en decembro de 2021 este ensaio sobre a arquitectura de 1960 do arquitecto Aldo van Eyck, con edición, introdución e tradución a cargo de Alejandro Campos Uribe.
Extensión: libro de 368 páxinas
📺 Jornadas Política Exterior y de Cooperación Feminista a debate
Espazo de diálogo crítico, organizado por Cooperacció, derivado da análise da política co obxectivo de dialogar sobre a posibilidade dunha política exterior e de cooperación en clave feminista, a través dun conversatorio e intercambio con persoas expertas en cooperación internacional, representantes da sociedade civil do Estado español, de América Latina e África, institucións universitarias e de administración.
Extensión: vídeos de 135 e 127 minutos
💬 O Concello pide retirar as casas de madeira donadas ao patio do cole
Experiencia do ANPA Eduardo Sanjurjo que dentro do proxecto “Un patio para tod@s” en colaboración coa Fundación Érguete tratou de mellorar e facer máis diverso o patio de xogos do centro educativo.
Tempo aproximado de lectura: 8 minutos
💬 ¿Cómo sería una vivienda ideal desde una perspectiva de género?
Revisión sobre a guía da Generalitat Valenciana “Proyectar los espacios de la vida cotidiana, criterios de género para el diseño y contratación pública de vivienda”
Laura Soto en La Vanguardia
Tempo aproximado de lectura: 12 minutos
💬 'Un pequeño mundo' coloca la cámara frente al 'bullying' del patio de los colegios
Revisión sobre a película Un pequeño mundo que inclúe declaracións da súa directora Laura Wandel.
Javier Zurro no elDiario.es
Tempo aproximado de lectura: 14 minutos
📺 ¿Qué es el urbanismo feminista? Por Col·lectiu Punt 6
Achegamento ao urbanismo con perspectiva de xénero e ao urbanismo feminista desde a visión do Col·lectiu Punt 6.
Extensión: 7 minutos
💬 ¿Qué puede ofrecer al urbanismo la perspectiva de género interseccional?
Exemplo de posta en práctica do urbanismo con perspectiva de xénero no Parque Bidebieta de Donostia por Paisaje Transversal.
Tempo de lectura aproximado: 15 minutos
Nota de prensa da presentación do estudo Las mujeres en la arquitectura en España publicado polo CSCAE que ofrece, entre outros, datos sobre a situación laboral das arquitectas, conciliación e integración nas escolas.
Tempo de lectura aproximado: 19 minutos
📚 Crítica Urbana 23: Urbanismo Feminista
O número de marzo da revista Crítica Urbana está dedicado ao completo ao urbanismo feminista. Hai dezaseis artigos de imprescindible lectura escritos por autoras como Ana Falú, Carmen Armada ou Mariana Tafur por citar algunhas.
Extensión: 60 páxinas
🎙️ En la diversidad está el gusto
Podcast realizado por Arquitectura Sense Fronteres Catalunya que fala da diversidade desde diferentes perspectivas (nais, educadoras, persoas sen discapacidade, …) para axudarnos a por as gafas e entender que a DIS-CA-PA-CI-DA-DE non define ás persoas, senón que é unha cualidade entre outras das moitas que caracterizan a unha persoa.
Extensión: 5 episodios entre 7 e 21 minutos
Podcast realizado por Arquitectura Sense Fronteres Catalunya que busca crear espazos de debate e reflexión sobre as situacións de desigualdade que a emerxencia COVID-19 está acentuando nas nosas contornas.
Extensión: 8 episodios de aproximadamente 20 minutos
Ata a próxima