Chegou o frío a este recuncho peninsular. Menos mal. Non foi sen tempo.
Compartimos con vós unha nova escolma de lecturas e pasatempos para poder argallar nestes días de choiva.
Escoitade como peta o vento na xanela e deixádevos levar.
🎙️ 📺 [Audios + Vídeos] Club de Lectura “Hai Mulleres”
Gravacións do Club de Lectura con perspectiva de xénero que que o COAG organiza mensualmente. O Colexio compárteos de modo indiferenciado nas súas canles de iVoox e YouTube:
Arquitectura e xénero. Unha introdución posible de María Novas Ferradas - iVoox / Youtube
Prada Poole. Estruturas de aire, utopías construíbles de Nuria Prieto - iVoox / Youtube
Habitar el Agua de Ana Amado - iVoox / Youtube
💬 [Artigo] Las pirámides de la Txantrea: una cordillera para el juego
Historia da Praza das Pirámides de Francisco Javier Biurrun: un lugar insólito e imprevisto de topografía inverosímil, xeometrías minimalistas, percorridos inesperados e formas provocadoras no que creceu e xogou unha xeración entera de pamploneses e pamplonesas.
Israel Nagore no Diario de Navarra
Tempo de lectura aproximado: 5 minutos
⭐ Bonus: fío en Twitter de @NagoreSetien con planimetría da praza e imaxes da época.
✏️ [Proxecto] Laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos Saberes
Resumo da iniciativa proposta pola cooperativa Outonía S. Coop. e a ilustradora Eva Piay como resposta á necesidade de novos diálogos, aprendizaxes e alternativas sobre sustentabilidade e defensa dos territorios rurais.
Outonía S. Coop
Extensión: documento pdf de 35 páxinas
🧍🏽[Entrevista] Anna Heringer: “Nuestra sociedad da valor a lo que cuesta dinero y se lo quita a lo que cuesta poco”
Entrevista a Anna Heringer, arquitecta e activista a favor dunha arquitectura sustentable que utilice materiais existentes no territorio, a terra, por exemplo. Destaca a planimetría das súas edificacións e asentamentos realizados en tela.
Anatxu Zabalbeascoa en El País Semanal
Tempo de lectura aproximado: 11 minutos
🎙️💬 [Audio + Artigo] El chabolismo en A Coruña: ¿Cómo, cuándo y por qué?
Rápido repaso á historia dos asentamentos precarios na Coruña, desde a súa orixe ata a actualidade.
Marcos Sanluis en Cadena Ser
Extensión: audio de 6:30 minutos
Tempo de lectura aproximado: 3 minutos
Cando na segunda metade do século XX as periferias urbanas galegas se colmataron de chabolas aplicáronse realoxamentos masivos, aínda que insuficientes e fragmentados, en novos barrios de absorción. As familias xitanas quedaron relegadas a realoxamentos posteriores e a solucións especiais en actuacións segregativas que compoñen a expresión territorial do antigitanismo estrutural histórico. Neste artigo analízase o papel das institucións públicas na produción destes asentamentos segregados de infravivenda que reproducen os mecanismos de colonialidade aplicados ao territorio e ao habitar. Ademais, preséntanse as aproximacións metodolóxicas aplicadas ao estudo destes asentamentos precarios identificando as ausencias que debemos superar e confrontar, tanto nos aspectos teóricos como prácticos.
Cristina Botana Iglesias
Extensión: documento pdf de 20 páxinas
⭐ Bonus: Reseña en Nós Diario de Ricardo Suárez
📚 [Libro] Arquitectura para los pobres
A experiencia de Hassan Fathy na concepción, planificación, deseño e construción de Novo Gourna, unha poboación nos arredores do Cairo pensada para reacoller aos poboadores dun antigo asentamento de escavadores arqueolóxicos. Primeira tentativa de Fathy de aplicar a gran escala o seu concepto de arquitectura social, convencido de que a arquitectura podía e debía crear contornas favorables ao desenvolvemento do ser humano por encima de calquera outro obxectivo.
Ediciones Asimétricas
Extensión: libro de 308 páxinas
Modificacións ou emendas que entidades sociais como Hogar Si e Provivienda pretenden que se inclúan na Lei de Vivenda. Entre outras, a incorporación de definicións como ‘entidade social provedora de vivenda’ ou a modificación da que inclúe o borrador de ‘senfogarismo’.
Cristina G. Bolinches en elDiario.es
Tempo de lectura aproximado: 5 minutos
💬 [Artigo] El cooperativismo en cesión de uso como vía para garantizar el derecho a la vivienda
A Comisión de Dereitos Sociais do Parlamento de Catalunya aprobou unha proposta de resolución para o recoñecemento e impulso da vivenda cooperativa en cesión de uso, un modelo cooperativo alternativo ao alugueiro ou a compra.
Portal da Economía Solidaria
Tempo de lectura aproximado: 5 minutos
📺 [Vídeo] Conversación Anidar. Los derechos, espacio sin frontera para la infancia
Conversación ANIDAR, promovida por Jorge Reaedó en Osa Menor con Soledad Bugallo Chouciño e Alberto Fortes Novoa sobre o dereito ao hábitat na infancia, proxectos educativos, arquitectura, participación…
Extensión: vídeo de 59 minutos
📒 [Unidade didáctica] O vento no horizonte das nosas aldeas
No mes de setembro presentouse O vento no horizonte das nosas aldeas, unha unidade didáctica integrada sobre o impacto dos polígonos industriais de xeneradores eléctricos. Está deseñada para o nivel educativo de Educación Infantil feita como colaboración entre Rural C e a rede Arredor do Rural (impulsada pola asociación Avoar, o GI Esculca e a USC).
Asociación Rural Contemporánea
Extensión: documento pdf de 23 páxinas
✏️ [Proxecto] Saúde global e comunitaria
Taboleiro tipo padlet con numerosos recursos sobre saúde e xénero, saúde comunitaria e mapeos de activos de saúde, técnicas de mapeo colaborativo, reflexións sobre a sindemia, resultado do proxecto de Aprendizaxe-Servizo da ONG Farmamundi e a Universidade de Santiago no barrio de Vite en Compostela.
🎙️ [Audio] Podcast Habitando
O falangullo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Episodio 39. Narrativas dixitais e cartografías sociais
Episodio 40. Asentamentos precarios en Galicia
Episodio 41. Julián Salas, unha vida dedicada á habitabilidade básica
Ata a próxima
https://www.galicia.asfes.org/