Devagar #4
Con lentitude, sen présa
Bo día.
Xa é venres.
Tras a choiva regresa a calor.
Algúns contidos para a fin de semana.
INFANCIA 🧒🏻
📚 [Revista] Dearq 35 “Arquitectura con niños”
A revista Dearq, publicación da Facultade de Arquitectura e Deseño da Universidade dos Andes (Colombia), dedica o seu número 35 a investigacións e proxectos que aúnan infancia, arquitectura e educación desde diversos enfoques e contextos.
⭐ Bonus: Reseña en fronterad de Jorge Raedó, lectura aproximada de 4 minutos
.
🎙️[Podcast] Tenemos que hablar del patio del cole
O patio do colexio é o primeiro espazo público que compartimos con outras persoas na nosa vida. Aí aprendemos a relacionarnos, a pelexarnos, a escaparnos da mirada adulta. As nenas e os nenos pasan máis de 500 horas ao ano dentro. Estamos seguros de que os patios dos colexios teñen sentido tal e como están deseñados?
Podcast Un tema al día, de elDiario.es
Duración: 14:12 minutos
.
Dereito á vivenda 🏡
Esta Plataforma recoñece que a nova lei supón un impulso ás políticas públicas de vivenda, pero asegura que é necesario complementala cunha estratexia máis ampla e ambiciosa de políticas públicas baseadas no dereito humano á vivenda.
Plataforma Tercer Sector
Tempo de lectura aproximado: 3 minutos
.
🖋 [Artículo] Naciones Unidas reprende a España por vulnerar el derecho a la vivienda de una familia que ocupó una casa
O ditame do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU recomenda que se elimine a práctica de excluír das listas de solicitantes de vivendas de protección ás persoas que ocupasen por necesidade.
Cristina G. Bolinches en elDiario.es
Tempo de lectura aproximado: 5 minutos
.
XÉNERO 🚺
🖋 [Artículo] Arquitectas, estrellas y poder. Un relato para no cegarnos
É relevante que Zaha Hadid, gañadora do Pritzker 2004, sexa muller? Ten relación a vida e obra dunha starchitect como Zaha Hadid co feminismo?
Oihane Ruiz en Pikara Magazine
Tempo de lectura aproximado: 10 minutos
.
📕[Publicación] Seguridad ciudadana con perspectiva feminista en los espacios públicos de Ciudad Arce
Ferramenta para analizar a seguridade cidadá con perspectiva feminista.
Col·lectiu Punt 6 para CooperAcció, 2023
Extensión: pdf 31 páxinas
.
📕[Publicación] Proyectando con perspectiva de género. Guía para planificar ciudades y pueblos inteligentes y sostenibles
Guía para proxectar con perspectiva de xénero: pedagóxica, técnica, concreta e con interesantes exemplos.
Inés Sánchez de Madariaga e Inés Novella Abril, Junta de Extremadura, 2021
Extensión: pdf 110 páxinas
.
Educación 🧑🏻🏫
📺 [Documental] Educación Inclusiva. Quererla es Crearla
Documental de Cecilia Barriga, que aborda o sentido profundamente humano da educación inclusiva e a necesidade de xerar un movemento social que a faga realidade. Persoas e colectivos poden solicitar unha proxección gratuita.
Duración: 84:00 minutos
.
Senfogarismo 🌧
🖋 [Artículo] Chabolismo en España, la otra cara invisible del problema de la vivienda
O problema da vivenda adóitase circunscribir ás zonas céntricas das grandes cidades, pero atopa o seu lado máis severo nas zonas da periferia, onde miles de persoas en situación de exclusión viven en infravivendas ou chabolas.
Marcel Guinot en República de las Ideas
Tempo de lectura aproximado: 5 minutos
.
🖋 [Artículo] ¿Sinhogarismo? Sí, en serio
O senfogarismo non só afecta ao dereito á vivenda. É unha situación que dana a dignidade e a liberdade das persoas, á vez que lles expón a unha serie de perigos derivados da vida sen un fogar. Pode ter consecuencias en termos de saúde mental e física, seguridade e privacidade, así como no acceso a oportunidades e servizos esenciais.
Provivienda e Hogar Sí
Tempo de lectura aproximado: 3 minutos
.
📕[Publicación] Más allá de la vivienda
Más allá de la vivienda é unha colección de publicacións que apoiándose nos resultados da investigación Exclusión social e COVID-19: o impacto da pandemia na saúde, o benestar e as condicións de vida das persoas sen fogar, pon a súa mirada en diferentes facetas vinculadas ao senfogarismo. Trata diferentes aspectos dunha realidade multidimensional, onde as biografías individuais acaban determinando cales son os factores determinantes, adxacentes ou consecuentes ás situacións que rodean ás persoas sen fogar.
Serie editorial de FACIAM
Salud mental y sinhogarismo (pdf 41 páxinas)
Juventud y sinhogarismo (pdf 37 páxinas)
Relaciones Sociales y sinhogarismo (pdf 37 páxinas)
Mujeres y sinhogarismo (pdf 37 páxinas)
.
🏚️[Campaña] En chabolista.es te enseñamos casas que otros portales no te enseñan
En España máis de 11.000 persoas xitanas viven aínda en chabolas en condicións indignas e que vulneran os dereitos humanos. Persisten máis de 270 asentamentos repartidos por case todo o noso territorio onde se producen situacións de exclusión, segregación e discriminación severa.
Campaña de denuncia da Fundación Secretariado Gitano)
.
Miscelánea 🌀
📺 [Vídeos] Colectivo de Cine Polans
Colección de vídeos realizados polo Colectivo de Cinema Polans, un grupo audiovisual formado por un xornalista, un economista, un fotógrafo e un enxeñeiro e urbanista. Amigos desde a infancia, deciden comezar a creación de audiovisuais sobre 1976-1977, centrándose en temas urbanísticos e de denuncia social.
9 vídeos de corta duración recopilados na Digitalizadora de la Memoria Colectiva
Ata a próxima
https://www.galicia.asfes.org/




