Mañá comeza decembro. Temos días festivos por diante no que ademais de xuntanzas, reencontros e troula, quizais busquemos espazos para descansar, ler e apartarmos do algareo destas datas. Gustaríanos tamén acompañar a quen sinta unha soidade non buscada. Quizais veña ben abrir unha carta de novas na caixa do correo. Se cadra Devagar chega cando ten que chegar. Hai alguén que vos escribe desde este lado da pantalla.
Unha aperta
Dereito á vivenda 🏡
📕[Informe] Discriminación residencial e xustiza restaurativa: unha aproximación para a reparación do dano
Actualmente, as vítimas de discriminación residencial por motivos de orixe e/ou étnico-racial poden acudir, en determinados casos, ben á xurisdición penal para que se tramite a denuncia como un delito de odio, ou ben, ante determinadas administracións públicas competentes para iniciar procedementos administrativos sancionadores polas discriminacións cometidas. Con todo, tanto a dificultade de probar a discriminación como a prolongación do tempo nos procesos de denuncia, fan que en numerosas ocasións as vítimas non vexan reparado o dano sufrido neste tipo de procesos. (Provivenda, 2023, pdf 49 páxinas)
.
🎙️[Podcast] Castañas no verán - vivenda
Episodio do podcast de Agareso adicado á vivenda: A Nova Lei de Vivenda, publicada no BOE o 25 de maio, pillounos con este programa no forno. É unha das cuestións que afecta a cada vez máis persoas: o acceso a unha vivenda digna. A subida dos alugueiros, as condicións abusivas para alugar e para mercar, e unha oferta cada vez máis escasa polo incremento dos pisos e casas turísticas. (Castañas no verán episodio, de Agareso, 37:26 minutos)
.
Senfogarismo 🌧
📺 [TV] As claves do século XXI - Programa 15 Os Senteito
O segundo tema deste programa (a partir de 1:01:00) aborda ou senfogarismo. No plató unha mesa de expertos formada por Francisco Lorenzo, de Cáritas; e José Manuel Caballol, do Observatorio de Delitos de Odio. (RTVE, 2022, 39 minutos)
.
💬 [Artigo] Aproban unha estratexia para luchar contra o Senfogarismo
O Goberno aprobou a Estratexia Nacional para loitar contra o Senfogarismo 2023-2030. A estratexia, promovida polo Ministerio de Dereitos e Axenda 2030, busca reducir durante ese período un 95% das persoas que se atopan nesa situación. (Redacción de Plataforma de Voluntariado de España, lectura aproximada de 1 minuto)
.
Procesos participativos 🙋🏽
📕[Publicacións] Ferramentas para a avaliación de procesos participativos
Conxunto de publicacións que reúnen ferramentas ou instrumentos para facilitar procesos participativos. Algúns foron pensados exclusivamente para avaliacións participativas, outros foron deseñados para outro tipo de actividades (diagnóstico, planificación, educación popular, apoio socio-organizativo etc.)/ etc.), pero poden ser recreadas ou adaptadas a procesos de avaliación. Algúns traballos tamén sobre o uso das técnicas participativas; é dicir, como elixilas ou como elaboralas para un propósito evaluativo específico.
.
Urbanismo 🏙️
💬 [Artigo] Urbanismo sensorial: facer as cidades máis agradables en todos os sentidos
Investigadores como David Howes analizan como a información non visual define o carácter dunha cidade e afecta a súa habitabilidade. Usando métodos que van desde paseos sonoros de baixa tecnoloxía e mapas de cheiros ata data scraping, dispositivos portátiles e realidade virtual, loitan contra o que consideran un “rumbo visual limitante” na planificación urbana. (Amrita Marino en MIT Technology Review, lectura aproximada de 7 minutos)
.
💬 [Artigo] Que é a arquitectura hostil e como nos afecta
A arquitectura hostil é unha forma de deseñar os espazos públicos, por medio da cal se fomenta ou se desincentiva o seu uso para certas persoas ou fins. En teoría, estas modificacións arquitectónicas nos espazos públicos xurdiron para mellorar o uso das infraestruturas públicas, pero na práctica terminan supoñendo unha forma de segregación e discriminación, ao establecer quen e como pode utilizar os espazos públicos. (Carmen Alemany Panadero en Medium, lectura aproximada de 6 minutos)
.
Infancia 🧒🏻
📺 [Vídeos] Conversas ANIDAR: Soledad Bugallo e Alberto Fortes (España)
Conversa sobre arquitectura e infancia cos arquitectos e integrantes de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia", Soledad Bugallo e Alberto Fortes. (Jorge Raedo na canle ARQA de Youtube, vídeo de 58:58 minutos)
.
Mobilidade e Accesibilidade 🧑🏽🦼
🎙️[Podcast] Podcast Suena la Ciudad
Pódcast de bikeNcity no que se difunde coñecemento sobre temas urbanos. A través da voz e experiencia de persoas que colaboran na academia, o goberno, a sociedade civil e o sector privado en distintas cidades do mundo, poderás coñecer sobre os retos que enfrontamos como sociedade nas cidades pero tamén de iniciativas que impulsan un cambio.
.
💬 [Artigo] A lei do mínimo esforzo
O esforzo físico debería minimizarse non só nos lugares de traballo, senón tamén nas vivendas, os espazos públicos e os servizos dixitais. Isto significa a implementación de tecnoloxías accesibles, a instalación de ramplas e ascensores en edificios públicos e privados, o deseño de mobiliario a alturas adecuadas e a consideración das necesidades de todas as persoas ao deseñar experiencias de usuario en liña. (Mariano Cuesta en elDiario.es, lectura aproximada de 4 minutos)
.
Vive nun cuarto piso dun edificio de Pontepedriña e é unha das prexudicadas tras perder unha axuda para a instalación do ascensor. (Lorena Rey en El Correo Gallego, lectura aproximada de 4 minutos)
.
💬 [Artigo] Santiago, suspenso en accesibilidade
Cogami leva aos concelleiros en cadeiras de rodas entre as prazas de Galicia e de Mazarelos para que sufran na súa pel as barreiras arquitectónicas. (Sandra Alonso en La voz de Galicia, lectura aproximada de 4 minutos)
.
Educación 🧑🏻🏫
🧑💻 [Web] Cénit: mapa de experiencias de Educación para a Cidadanía Global
O mapa Cénit de experiencias de Educación para a Cidadanía Global (ECG) é unha ferramenta creada co obxectivo de xerar un espazo para coñecer, cuestionar, reflexionar e avanzar conxuntamente na superación do enfoque reducionista e testemuñal da ECG. O mapeo das experiencias permite, non só identificalas, senón tamén negociar significados, explorar problemas, compartir solucións e xerar redes colaborativas presentes e futuras.
.
📕[Publicación] Nous aprenentatges, nous espais
O Colexio de Arquitectos de Cataluña publicou en catalán o documento, "Novas aprendizaxes, novos espazos". Entende que o punto de partida do proxecto de construción ou transformación dunha escola ou instituto é o proxecto educativo do centro, e estipula un proceso de traballo conxunto entre comunidade educativa e arquitectos e arquitectas. Este proceso prevé mesmo un encontro un ano despois do final de obra para avaliar se o edificio adaptouse a este proxecto pedagóxico. (COAC, 2022, pdf 128 páxinas)
.
Xénero 🚺
💬 [Entrevista] Izaskun Chinchilla: “As mulleres somos benvidas na arquitectura sempre que fagamos e digamos o que xa se dixo e fixo”
A arquitecta e escritora defende que a controversia e a heterodoxia poden ser os mellores aliados dos edificios do futuro. (Anatxu Zabalbeascoa en El País, lectura aproximada de 10 minutos)
Ata a próxima