Devagar #6
Con lentitude, sen présa
É difícil abstraerse da idea dun ano que remata e non reflexionar sobre o acontecido durante os pasados doce meses. 2023 marcha deixándonos un peor escenario climático, grandes desigualdades e situacións que estremecen ao longo da xeografía.
2024 chega para que poidamos seguir traballando arreo e pensamos que a lectura e a información son claves para podermos albiscar o camiño que queremos debuxar. Un inicio adoita ofrecer, aínda que sexa simbólicamente, ese raio de esperanza que nos invita a non deixar de comprometernos.
Por iso seguimos aquí. Feliz ano.
.
Paz 🕊️
🇵🇸 🇮🇱 Llamado a un alto el fuego permanente en los territorios ocupados palestinos e Israel
Comunicado da CONGD ante o pesadelo de morte, dor e destrución insondables nos Territorios Palestinos ocupados, especialmente en Gaza, e Israel. Miles de persoas resultaron mortas, feridas, desprazadas, secuestradas ou privadas de liberdade. A maioría delas, son poboación civil: homes, mulleres, nenos e nenas inocentes. (Coordinadora ONGD, lectura aproximada de 2:30 minutos)

👉🏽 Bonus: Las ONG españolas iluminan el centro de Madrid con un mensaje de alto el fuego permanente en Gaza e Israel (lectura aproximada de 2 minutos)
.
Dereito á Vivenda 🏘
A Plataforma do Terceiro Sector (PTS) que representa a preto de 28.000 entidades sociais, reuniuse coa ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, para analizar a situación da vivenda en España e abordar a necesidade de avanzar cara a un sistema de vivenda máis inclusivo. (Redacción de Plataforma Tercer Sector, lectura aproximada de 2:30 minutos)
.
O 12 de decembro as cooperativas de cohousing que participan no proxecto Comunidades de Cuidados celebraron unha sesión de traballo na Universidade de Alacante que terminou cun encontro público no que participaron representantes da Administración e do movemento de vivenda cooperativa da Comunidade Valenciana. (Redacción de Comunidades de Cuidados, lectura aproximada de 7 minutos)
👉🏽 Bonus: Vídeo Presentación de estrategias de cocuidado en el cohousing: encuentro en Alicante (12/12/2023) (8:32 minutos)
.
💬 [Artigo] Sector inmobiliario: Aquí no hay quien viva
En materia de vivienda (alquiler y compra) algo se ha hecho (y se sigue haciendo) mal. El precio de los arrendamientos está imposible y el de su venta, también. (Sofía Vázquez en La voz de Galicia, lectura aproximada de 6:30 minutos)
.
📕[Informe] Prevención y atención de la exclusión residencial. Factores explicativos
A escalada incesante dos prezos da vivenda e a perda de poder adquisitivo nun contexto inflacionista está a afogar a moitos fogares e empobrecendo ás clases medias. Esta é a principal conclusión do informe “Prevención y atención de la exclusión residencial: Factores explicativos”, financiado pola Dirección General de Diversidad Familiar y Servicios Sociales del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. (Provivenda, 2023, pdf 80 páxinas)
.
Urbanismo 🏙️
💬 [Artigo] Cities100: Estocolmo: la ciudad peatonal impulsa el crecimiento a largo plazo
No seu segundo ano, Cidades100 mostra solucións líderes para os desafíos climáticos urbanos en dez sectores, que van desde a xestión de residuos sólidos ata o transporte. A publicación presenta solucións que abordan o nexo entre o cambio climático e a equidade social. Enlázase o artigo adicado a Estocolmo. (Redacción de C40 cities, lectura aproximada de 3 minutos)
.
Senfogarismo 🏚️
💬 [Artigo] Cerca de 10.000 personas sin hogar no reciben ningún tipo de asistencia
Preto de 10.000 persoas sen fogar non reciben ningún tipo de asistencia. Ademais de aumentar o número de prazas, organizacións que acompañan ás persoas sen fogar piden adaptar as vivendas para que poidan recuperar os seus proxectos de vida. (Sandra Asenjo en Cope, lectura aproximada de 8:30 minutos)
.
📺 [Corto] Origen
Vídeo elaborado polos alumnos e alumnas participantes do taller de vídeo do Centro de Día para persoas sen fogar de Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol. Aborda os prexuízos e estereotipos que sofren as persoas en situación de sen fogar e anímanos a cambiar a mirada. (Cáritas Mondoñedo-Ferrol, 2023, 4:38 minutos)
.
Educación 🧑🏻🏫
📕[Publicación] “A mí no me formaron para esto” La educación inclusiva en la formación docente
Este fascículo, o segundo da colección “Derribar mitos, construír inclusión”, busca recuperar un mito que circula con forza nas escolas, a través da frase “a min non me formaron para isto”, a fin de problematizar os supostos que hai por detrás desa expresión e poder reflexionar sobre as súas consecuencias nas prácticas de ensino, así como na formación docente inicial e continua. (Red Regional por la Educación Inclusiva RREI, 2023, pdf 29 páxinas)
.

.
🎙️[Podcast] Habitando Ep.44: Atención á Diversidade na UDC
Entrevista a Sonia Seijas traballadora dende 2009 da Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, que ten establecido unha rede con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en todos os centros. Traballan na inclusión, na formación, orientación e difusión da realidade de persoas con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). (Arquitectura Sen Fronteiras, audio de 1:00:19 horas)
.
🌀 OUTRAS
🧑💻 [Web] Indico: índice de Coherencia 2023
O Índice de Coherencia (Indico) ofrece unha nova mirada para guiar as transformacións urxentes do noso tempo. Está estruturado en dous grandes piares: transicións que representan os grandes cambios aos que deben contribuír unhas políticas públicas coherentes co desenvolvemento sostible, e presións planetarias que mide os impactos e presións ecolóxicas que os países avaliados exercen sobre o planeta.
👉🏽 Bonus: Vídeo de la presentación de Indico (1:54:55 horas)
Ata a próxima


